Moi boas,amigos do Poleiro:
Sen que sega a aparecer a nosa bandeira pirata e con poucas esperanzas de que iso suceda...nós seguimos facéndonos co territorio ocupado. Nas últimas datas adicámosnos a averiguar cousas sobre a zona.
Gracias ó mestre Ramiro, puidemos saber a importancia que teñen as plantas e as árbores para as persoas, xa que ademáis de dar sombra en verán, froitos e flores que adornan os xardíns, as árbores limpan o aire que respiramos.De paso, aprendemos nomes dalgúns deles como o Piñeiro , o Carballo ou a Hortensia e analizamos a súas follas, flores e froitos.
Por outra banda, fómosnos introducindo nas tradicións propias do lugar, vivindo en primeira persoa as festas do Samaín e o Magosto.
Polo Samaín decoramos o noso edificio con castelos e personaxes monstruosos como arañas, pantasmas, morcegos...Ademáis, para espantar as bruxas na noite do 1 de Novembro adicámosnos a abrir e limpar cabazas para convertir en horribles caras que alumeaban con candeas dentro.
No Magosto, xogamos a levar castañas postas nunha culler que agarrábamos coa boca, a meternos dentro duns aros cando deixaba de soar unha música e a encestar castañas na boca dun pirata chamado "Comecastañas".Logo, para repoñer forzas...enchemolo bandullo con castañas asadas que nos botaron nuns cestiños que fixemos para a ocasión.
Agora podedes comprobar que todo isto ocorreu tal como vos contamos gracias ó reportaxe gráfico:
25/11/08
13/11/08
BÚSCASE BANDEIRA PIRATA (Poñerse en contacto cos piratas Polopatas no Poleiro).Ofécese recompensa.
Estimados/as visitantes do Poleiro: por primeira vez dende que creamos este blog, temos que contarvos unha noticia que nos pon algo tristes...Alguén con bastante mala idea pasou polo noso edificio de ed. infantil , e sen piedade algunha arrincou a nosa bandeira pirata.
Dende aquí, queremos mostrar o noso sentimento de incomprensión e pedimos que se alguen sabe algo...se poña en contacto con nós. Como non albergamos moitas esperanzas en recuperala, só desexamos que a quen a teña lle sirva de algo...
Pronto estaremos por aquí contándovos un monton de novidades máis alegres que esta última.Non deixedes de visitarnos e...facede algún comentario que non vos dades animado!

15/10/08
¡¡¡ÚLTIMA HORA!!!
Non deixaron de fotografiar o momento para colgar a instantánea nun blog pirata xunto a temible frase "Estos somos nos...". Manterémoslles informados.
22/9/08
ESTAMOS DE VOLTA!!!!!
Hola amig@s!!!!Estamos de volta comezando este novo curso 2008/09 con moitas forzas, gañas de traballar e esperando ter a vosa colaboración para que o número de visitantes ó noso "poleiro" sexa cada vez maior.
Para adiantarvos un pouquiño o que imos a facer este ano, podémosvos dicir que imos ser uns grandes...PIRATAS!!!.
No 1º trimestre, aprenderemos moitas cousas sobre os piratas e a súas costumes e as mestras aproveitarán para ampliar os nosos coñecementos sobre o corpo, as profesións...e moitas cousas máis.
Por certo, sabemos que hai problemas para que escibades os vosos comentarios; estamos na búsqueda da solución pero non deixedes de intentalo. Un saúdo!

30/5/08
Acuarium
O mércores 28 de Maio fomos de excursión. Aproveitando que estamos a falar dos animais na escola, as mestras pareceulles unha boa idea visitar o acuarium do Grove.
Esperamos con gran nerviosismo a chegada dese día pois emocionábanos ir en autobús a un lugar "tan lonxe" a ver peixes coma Nemo, tiburóns...
Saímos sobre as dez da mañán en dous autobuses e o chegar alí separarónnos en tres grupos para poder atender moi ben ó que nos dicían uns guías.
A visita foi moi interesante e vimos tartarugas, morenas, estrelas e ourizos de mar,caracolas...A cada un gustáronnos máis uns animais que outros pero todos sacamos unha lección moi importante gracias a unha balea, que non estaba ali, pero sí o seu esquelete: morrera por comer plásticos que a xente tirou ó mar.Quedounos moi claro o perigoso que pode ser non tirar a basura nas papeleiras ou nos contenedores apropiados.
Merendamos alí e volvemos, ainda que moi cansos, ledos e cun montón de cousas que contar.

22/5/08
Letras galegas
A semana do 12 de maio celebramos no cole a festa das letras galegas, que este ano estaba adicada ó escritor Xosé Mª Alvarez Blazquez. Con tal motivo, tivemos a visita duns pallasos cos que nos rimos un montón xogando, bailando...
Ademáis, fixemos un mural entre tod@s polo que a A.N.P.A. nos agasallou con gorras, gomas de borrar...e uns vales para mercar cousas para a escola.
E importante homenaxear @s nos@s escritor@s e se enriba, dito homenaxe ven acompañado de festa, premios, xogos... ¡mellor que mellor!
20/5/08
Excursión ó muíño
O día 25 de abril, as nenas e nenos de Ed. Infantil fomos ver o muíño da Ponte, en Fonte Gaiteira. Como estamos a traballar os alimentos, queríamos saber como se moe o millo para facer fariña. O muíño é unha caseta pequena que ten unhas pedras moi grandes dentro e que xiran coa forza da auga dun regato que pasa por debaixo. O xirar as pedras os grans de millo rompían e facíanse moi pequenos ata que se convertían en fariña. Unha señora ensinounos com se fai para que xire máis rápido ou máis despacio. Pasámolo moi ben. Merendamos, xogamos...e volvimos ó colexio andando lixeiros.
Video: "facemos fariña"
Video: "facemos fariña"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)