O mércores 28 de Maio fomos de excursión. Aproveitando que estamos a falar dos animais na escola, as mestras pareceulles unha boa idea visitar o acuarium do Grove.
Esperamos con gran nerviosismo a chegada dese día pois emocionábanos ir en autobús a un lugar "tan lonxe" a ver peixes coma Nemo, tiburóns...
Saímos sobre as dez da mañán en dous autobuses e o chegar alí separarónnos en tres grupos para poder atender moi ben ó que nos dicían uns guías.
A visita foi moi interesante e vimos tartarugas, morenas, estrelas e ourizos de mar,caracolas...A cada un gustáronnos máis uns animais que outros pero todos sacamos unha lección moi importante gracias a unha balea, que non estaba ali, pero sí o seu esquelete: morrera por comer plásticos que a xente tirou ó mar.Quedounos moi claro o perigoso que pode ser non tirar a basura nas papeleiras ou nos contenedores apropiados.
Merendamos alí e volvemos, ainda que moi cansos, ledos e cun montón de cousas que contar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario