20/1/09

DÍA DE NEVE!!!!!!


Xa o di o refrán..." a mal tempo, boa cara" e iso foi o que fixemos onte nós. Chegamos ó cole ás 9:30 da mañán mortiños de frío, cando nos fomos dando conta, un a un, que o monte Xiabre estaba bastante nevado.Que podemos facer???Contratar un autobús que viñera de súpeto!

Subindo, as nosas mestras íannos mentalizando de que era posible que a neve xa se derretera pero ó chegar alí...EUREKA!!!!!!un manto branco fixo que nos olvidaramos do frío e nos puxéramos a xogar e correr como tolos.Fixemos un boneco, tirámonos bolas de neve uns ós outros (e sobretodo ás "profes") ...e non paramos de rir.

Foi unha experiencia estupenda que nos gustaría repetir a miudo pero de momento conformarémonos con ver as fotos ó quentiño na casa ou no cole.