13/11/08

BÚSCASE BANDEIRA PIRATA (Poñerse en contacto cos piratas Polopatas no Poleiro).Ofécese recompensa.

Estimados/as visitantes do Poleiro: por primeira vez dende que creamos este blog, temos que contarvos unha noticia que nos pon algo tristes...Alguén con bastante mala idea pasou polo noso edificio de ed. infantil , e sen piedade algunha arrincou a nosa bandeira pirata.
Dende aquí, queremos mostrar o noso sentimento de incomprensión e pedimos que se alguen sabe algo...se poña en contacto con nós. Como non albergamos moitas esperanzas en recuperala, só desexamos que a quen a teña lle sirva de algo...
Pronto estaremos por aquí contándovos un monton de novidades máis alegres que esta última.Non deixedes de visitarnos e...facede algún comentario que non vos dades animado!

No hay comentarios: