30/12/08

Visita ó parque de bombeiros

Hola amigos e FELIZ ANO NOVO a tod@s!!!
Como xa vedes, neste novo ano, aínda que sexa con algo de retraso, queremos seguir contándovos a novas que se van producindo no Poleiro. Agora, nas vacacións, facemos un pocuco de repaso e hoxe tócanos falarvos do que fixemos o día 5 de Decemro:visitamos o parque de bombeiros de Ribadumia.

Salimos cedo do colexio nun autobús grande e noutro máis pequeno. Ó chegar ó parque, dividíronnos en tres grupos para facer unha serie de visitas.Unha delas era ás oficinas onde os bombeiros collen as chamadas das emerxencias e se poñen en contacto cos outros parques a través dunha radio.Polos pasillos estaba todo cheo de fotos de accidentes, incendios...
Outro recuncho que visitamos foi onde teñen os uniformes para cambiarse cando teñen que saír cara un servicio: cascos, pantalóns, cazadoras, arnés...e deixáronlos probar, parecíamos auténticos bombeiros!!!

Coñecimos ós cans que teñen adestrados para buscar xente non incendios ou accidentes...e o que máis gracia nos fixo foi que ese cans ían a éscola coma nós!

Todo estivo interesante pero o que máis nos emocionou foi dar unha pequena volta dentro do camión tocando a serea.

Os bombeiros pedíronnos que lles fixéramnos uns debuxos das cousas do parque, do camión...e a cambio, déronnos unha estupenda merenda.

Ó acabar, ensináronnos unha especie de grúa que sube ata uns 30 metros para que os bombeiros poidan chegar, por exemplo, ós pisos altos para salvar a xente.Algúnha mestra subiu para probar a éxperiencia e fixéronnos fotos dende alá arriba.

Foi unha visita moi divertida e animada e serviunos para saber máis cousas dun oficio tan arriscado e emocionante como é este.

Por certo , queremos recordar a tódol@s nen@s que aínda que no parque de Ribadumia non traballan mulleres, sí hai sitios nos que sí o fan xa que non hai oficios exclusivo de homes.

Un saúdo!