15/10/08

¡¡¡ÚLTIMA HORA!!!

Esta mañá (15 de Outubro) preto das 12:30 horas, "O Poleiro" sufriu a abordaxe dun grupo de piratas coñecidos como os "Polopata". Era un grupo duns sesenta lobos de mar, que para facer oficial a súa invasión, colocaron unha bandeira ante a atónita mirada de alumn@s e mestr@s do C:P.I. "Progreso".

Non deixaron de fotografiar o momento para colgar a instantánea nun blog pirata xunto a temible frase "Estos somos nos...". Manterémoslles informados.