25/11/08

SEGUIMOS TRABALLANDO...

Moi boas,amigos do Poleiro:
Sen que sega a aparecer a nosa bandeira pirata e con poucas esperanzas de que iso suceda...nós seguimos facéndonos co territorio ocupado. Nas últimas datas adicámosnos a averiguar cousas sobre a zona.

Gracias ó mestre Ramiro, puidemos saber a importancia que teñen as plantas e as árbores para as persoas, xa que ademáis de dar sombra en verán, froitos e flores que adornan os xardíns, as árbores limpan o aire que respiramos.De paso, aprendemos nomes dalgúns deles como o Piñeiro , o Carballo ou a Hortensia e analizamos a súas follas, flores e froitos.

Por outra banda, fómosnos introducindo nas tradicións propias do lugar, vivindo en primeira persoa as festas do Samaín e o Magosto.

Polo Samaín decoramos o noso edificio con castelos e personaxes monstruosos como arañas, pantasmas, morcegos...Ademáis, para espantar as bruxas na noite do 1 de Novembro adicámosnos a abrir e limpar cabazas para convertir en horribles caras que alumeaban con candeas dentro.

No Magosto, xogamos a levar castañas postas nunha culler que agarrábamos coa boca, a meternos dentro duns aros cando deixaba de soar unha música e a encestar castañas na boca dun pirata chamado "Comecastañas".Logo, para repoñer forzas...enchemolo bandullo con castañas asadas que nos botaron nuns cestiños que fixemos para a ocasión.

Agora podedes comprobar que todo isto ocorreu tal como vos contamos gracias ó reportaxe gráfico:

No hay comentarios: