O día 25 de abril, as nenas e nenos de Ed. Infantil fomos ver o muíño da Ponte, en Fonte Gaiteira. Como estamos a traballar os alimentos, queríamos saber como se moe o millo para facer fariña. O muíño é unha caseta pequena que ten unhas pedras moi grandes dentro e que xiran coa forza da auga dun regato que pasa por debaixo. O xirar as pedras os grans de millo rompían e facíanse moi pequenos ata que se convertían en fariña. Unha señora ensinounos com se fai para que xire máis rápido ou máis despacio. Pasámolo moi ben. Merendamos, xogamos...e volvimos ó colexio andando lixeiros.
Video: "facemos fariña"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Ánimo colegas estades a facelo estupendamente. As migallasdecatoira, encántannos as vosas aventuras. Seguiremos atentos a vosa viaxe nesta nova singladura. Bicos.
Publicar un comentario