30/5/08

Acuarium

O mércores 28 de Maio fomos de excursión. Aproveitando que estamos a falar dos animais na escola, as mestras pareceulles unha boa idea visitar o acuarium do Grove.

Esperamos con gran nerviosismo a chegada dese día pois emocionábanos ir en autobús a un lugar "tan lonxe" a ver peixes coma Nemo, tiburóns...

Saímos sobre as dez da mañán en dous autobuses e o chegar alí separarónnos en tres grupos para poder atender moi ben ó que nos dicían uns guías.

A visita foi moi interesante e vimos tartarugas, morenas, estrelas e ourizos de mar,caracolas...A cada un gustáronnos máis uns animais que outros pero todos sacamos unha lección moi importante gracias a unha balea, que non estaba ali, pero sí o seu esquelete: morrera por comer plásticos que a xente tirou ó mar.Quedounos moi claro o perigoso que pode ser non tirar a basura nas papeleiras ou nos contenedores apropiados.

Merendamos alí e volvemos, ainda que moi cansos, ledos e cun montón de cousas que contar.

22/5/08

Letras galegas



A semana do 12 de maio celebramos no cole a festa das letras galegas, que este ano estaba adicada ó escritor Xosé Mª Alvarez Blazquez. Con tal motivo, tivemos a visita duns pallasos cos que nos rimos un montón xogando, bailando...
Ademáis, fixemos un mural entre tod@s polo que a A.N.P.A. nos agasallou con gorras, gomas de borrar...e uns vales para mercar cousas para a escola.
E importante homenaxear @s nos@s escritor@s e se enriba, dito homenaxe ven acompañado de festa, premios, xogos... ¡mellor que mellor!

20/5/08

Excursión ó muíño

O día 25 de abril, as nenas e nenos de Ed. Infantil fomos ver o muíño da Ponte, en Fonte Gaiteira. Como estamos a traballar os alimentos, queríamos saber como se moe o millo para facer fariña. O muíño é unha caseta pequena que ten unhas pedras moi grandes dentro e que xiran coa forza da auga dun regato que pasa por debaixo. O xirar as pedras os grans de millo rompían e facíanse moi pequenos ata que se convertían en fariña. Unha señora ensinounos com se fai para que xire máis rápido ou máis despacio. Pasámolo moi ben. Merendamos, xogamos...e volvimos ó colexio andando lixeiros.




Video: "facemos fariña"